O Santiago Futsal presenta a Iván Rumbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación de Iván Rumbo

Presentación de Iván Rumbo

Iván Rumbo foi o último xogador en ser presentado oficialmente co Santiago Futsal. O acto tivo lugar esta mañá no Concesionario Yáñez.

O presidente do club Ramón García, agradeceu a total colaboración do Cidade de Narón, equipo do que procede Iván Rumbo e no que xogou as últimas 6 tempadas, e referiuse ao xogador como “un xogador moi rápido e moi intenso en defensa e do que esperamos sexa unha achega moi valiosa para consolidar o grupo deste ano”.

O xogador coruñés, que xogará por primeira vez na máxima competición nacional de fútbol sala, chega ao Santiago Futsal co reto de “traballar día a día e achegar o meu granito de area ao equipo, ao que podo achegar intensidade, traballo e espero que moitos goles”. Ademais, o xogador é optimista co equipo deste ano “teño moi boas sensacións, porque vexo que a xente é moi comprometida e loitadora, debemos de ir partido a partido”.

3 de setembro de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.