O Santiago Futsal non puido chegar á vitoria en Murcia
O Santiago Futsal cae ante El Pozo Murcia nun partido que comezou moi aberto, e que a pesar de porse costa arriba na segunda parte, os galegos buscaron a remontada até o final.
O primeiro gol dos locais chegou nun saque de falta no minuto 10 de partido. Adri sacaría o tiro libre, que pasou a Lima e este á súa vez a Álex, que marcaría o primeiro para os seus. Só 2 minutos despois o Santiago Futsal púñase con 5 faltas no contador. A falta de 50 segundos para finalizar a primeira parte, os galegos cometerían a sexta falta e, a pesar de repetir o lanzamento de dobre penalti, Miguelín batería a Iker e sumaría o segundo na conta local.
Tras o descanso, o conxunto local marcou o terceiro por medio de Raúl Campos só 5 minutos despois da continuación, aumentando máis a distancia no marcador. O Santiago Futsal lograría rebaixar a distancia no minuto 27. Dani Chinés sería o autor do primeiro tanto dos galegos aos que aínda quedaban 13 minutos para lograr a igualada. Pero José Ruíz marcaría o cuarto para El Pozo tres minutos despois. Con 5 faltas os locais, o Santiago Futsal buscaría con máis inquietude a meta contraria tentando recortar distancias.O capitán no encontro de hoxe, Hugo Sánchez, marcaría o segundo para os galegos no minuto 32. Os de Santiago insistiron chegando a meta contraria con varias oportunidades de marcar o terceiro con porteiro-xogador en pista, pero a meta murciano estivo moi acertado en todas as súas aparicións. Sen tempo para máis, finalizou o encontro en Murcia. Os tres puntos quedan na imbatida pista de El Pozo Murcia na 3ª Xornada de Liga.
Sala de prensa
O técnico do Santiago Futsal, Santi Valladares, manifestou que “o equipo estivo a un nivel defensivo de moito sacrificio, cun desgaste físico enorme, e que pese ao resultado estivo ao nivel todo o encontro. Até ao final con porteiro xogador tivemos dúas ocasións claras. Pero as dúas accións a balón parado da primeira parte foron determinantes, e nós aí non podemos facer máis”.
Por outra banda tamén destacou que “este é o camiño a seguir, se podemos facer estes partidos con este nivel de traballo contra un rival como El Pozo, podemos facelo contra calquera. Os obxectivos desta tempada pasan por facer partidos como o de hoxe, que pese ao resultado adverso, déixanos unhas boas sensacións”.
Ficha do partido:
El Pozo Murcia 4: Fabio, Franklin, Lima, Álex e José Ruíz- cinco inicial- Eka, Bebe, Raúl Campos,Miguelín, Grellóy Adri
Santiago Futsal 2: Iker López, Hugo, Marci, Lucas Bolo e Chinés- cinco inicial- Iván Rumbo, Gallego, Pablo Tallón, Borja, Kike
Árbitros: González Ruano e Rabadán Saínz. Amoestaron aAdri polo Pozo Murcia,e a Iker López, Marcos Varay Hugo Sánchez por parte do Santiago Futsal.
Incidencias: Partido da 3ª Xornada de Liga celebrado no Pavillón de Deportes de Murcia
Goles: 1-0 min.10 Álex. 2-0 min. 19 Miguelín, 3-0 min.25 Raúl Campos, 3-1 min.27 Chinés, 4-1 min.30 José Ruíz, 4-2 min.32 Hugo Sánchez.











