O Santiago Futsal comeza a pensar no Zaragoza
Tras a derrota o pasado venres en Pamplona contra Magna Navarra, os de Santi Valladares volveron ao traballo esta mañá nunha semana na que se medirán ao D-Link Zaragoza.
Este partido preséntase como a mellor oportunidade do equipo galego para estrearse puntuando en Liga. Os de Santiago xogan en casa nesta 2ª Xornada de Liga e preséntanse así ante a súa afección, coa máis que clara intención de conseguir os 3 primeiros puntos no Multiusos Fontes do Sar.
Santi Valladares non poderá contar nas sesións de hoxe e mañá con Diego Quintela, que se atopa coa selección absoluta coa que disputará dous amigables contra Romanía na Necia e Torrevieja.
Plan de traballo semanal
Luns 15 de Setembro
9.30h –Multiusos Fontes do Sar- Preventivo + Resistencia / Velocidade + Porteiros
17h- Multisusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 16 de Setembro
9.30h – Forza rápida + Transf. + Porteiros
17h – Táctico
Mércores 17 de Setembro
17h- Táctico
Xoves 18 de Setembro
17h- Táctico
Venres 19 de Setembro
21 h. Multiusos Fontes do Sar- J2
Santiago Futsal vs D-Link Zaragoza
Sábado 20 de Setembro
Descanso
Domingo 21 de Setembro
Descanso











