O Santiago Futsal asina un convenio coa Escola de Porteiros MFS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal asina un convenio coa Escola de Porteiros MFS, e vincularase a este proxecto de formación de novos gardametas durante a tempada 14-15.

A Escola de Porteiros MFS nace esta tempada como un gran proxecto na formación de porteiros en niveis de Iniciación e Tecnificación. Mon Barreiro será o director da Escola.

Os nenos e nenas que queiran asistir aos adestramentos da Escola MFS deberán ter entre 6 e 19 anos. Os porteiros que xa formen parte dos equipos da base do Santiago Futsal gozarán dun desconto nas cotas de pago.

Os adestramentos terán lugar no IES Fontiñas, podendo escoller entre asistir un día ou dous días á semana, os Luns e Xoves en horario de 20 a 21h.

Así mesmo, terá lugar unha serie de xornadas de portas abertas os días 15, 18, 22 e 25 de Setembro para que as persoas interesadas poidan asistir e coñecer os métodos de traballo da Escola.

Aquelas persoas interesadas en inscribirse poderán realizalo chamando ao teléfono 636 873 882, ou mandando un email á dirección escueladeporterosmfs@gmail.com

A Escola MFS quere chegar máis aló, e busca máis colaboradores. Tanto os clubs de fútbol sala, ou de fútbol, que queiran participar no proxecto e mostrar a súa colaboración poden porse en contacto a través do número de teléfono ou do email.

10 de setembro de 2014 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.