O Santiago Futsal afronta unha semana con partido na casa
O Santiago Futsal afronta unha nova semana na que recibirá o venres no Multiusos ao segundo da clasificación, o Marfil Santa Coloma.
A terceira xornada de Liga na que o Santiago Futsal visitou ao Pozo Murcia deixou un resultado de 4-2 favorable aos locais, pero que, pese ao resultado, deixa no Santiago Futsal boas sensacións de face ás xornadas vindeiras, pois o equipo mostrou unha boa cara ante un rival tan complicado como é O Pozo.
Esta semana recibe ao Marfil Santa Coloma, segundo na clasificación e que vén de empatar, in extremis, 5-5 fronte a Xaén Paraíso Interior.
O Santiago Futsal comezou esta mañá os adestramentos. Santi e Diego Quintela exercítanse á marxe dos seus compañeiros, pois Santi segue coa recuperación da luxación que sufriu hai dúas semanas nun dedo do pé; e Diego Quintela arrastras as molestias no tendón do pé. A eles súmase Loito, que segue co proceso de recuperación da lesión de xeonllo.
Plan de traballo semanal
Luns 29 de Setembro
9.30h- Multiusos Fontes do Sar- Resistencia Velocidade + Individualizado
17h- Táctico
Martes 30 de Setembro
9.30h- Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Forza rápida + Transf.
17h- Táctico
Mércores 1 de Outubro
17h- Táctico
Xoves 2 de Outubro
17h- Táctico
Venres 3 de Outubro
21h- Multiusos Fontes do Sar- J4
Santiago Futsal vs Marfil Santa Coloma
Sábado 4 de Outubro
Descanso
Domingo 5 de Outubro
Descanso











