O Río Natura Monbus Obradoiro ultima en Portugal a súa posta a punto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro pon rumbo a terras portuguesas para disputar os últimos partidos amigables de pretemporada. Tras as vitorias na Copa Galicia, hai dúas semanas, e no triangular internacional disputado en Leicester o fin de semana pasado, o conxunto compostelán seguirá a súa posta a punto nun novo Torneo Internacional.

A triple cita xogarase en Lisboa. O Rio Natura Monbus Obradoiro debutará contra o SL Benfica (venres, 19:30 hora local), o equipo anfitrión adestrado por Carlos Lisboa. O conxunto portugués asinou unha notable actuación durante a tempada 2013/14, na que se proclamou campión do Campionato Nacional, por vixesimoquinta vez na súa historia, e tamén se alzaron coa Taça de Portugal, a Taça da Liga e a SuperTaça.

O segundo día o adversario será o Club Baloncesto Sevilla (sábado, 14:00 h local). Por último, o Río Natura Monbus enfrontarase ao Lighthouse Trapani, da Leiga 2 (domingo, 14:00 h local).

Os partidos, que poderán ser seguidos a través de Benfica Televisión, serán as últimas probas do Rio Natura Monbus antes do debut ligueiro ante La Bruixa D’Or (sábado 4, 19:00, entradas xa á venda). Tres días antes, na Cidade da Cultura, terá lugar a presentación oficial do equipo ante medios e afección.

25 de setembro de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.