O Rio Natura Monbus Obradoiro está listo para o seu primeiro trofeo internacional da pretemporada
O Rio Natura Monbus Obradoiro prepárase xa para realizar a súa primeira viaxe internacional da pretemporada. O equipo disputará en Leicester un torneo triangular organizado polo equipo local, Leicester Riders, no que participará tamén o subcampión belga Okapi Aalstar, que disputou a pasada Euroleague. A competición, que servirá de preparación de cara á liga Endesa, chega nun bo momento para o club tras a consecución da Copa Galicia.
A expedición obradoirista viaxará hoxe xoves ao país británico sen o base Rafa Luz, que será baixa unhas tres semanas tras a rotura da fascia plantar do pé dereito sufrida mentres disputaba a Copa Galicia.
Unha vez alí, o primeiro encontro para os galegos será mañá venres ante o propio Leicester Riders, nas próximas instalacións de Loughborough University ás 19:30 hora local. Ao día seguinte, os de Moncho Fernández enfrontaranse ao outro participante, o Okapi Aalstar ás 17:00 locais. O último partido do torneo será o Leicester Riders – Okapi Aalstar do domingo, tamén ás 17:00 horas.











