O rexedor de Ferrol pide explicacións á SEPI e Navantia polo desvío de carga de traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, remitiu ao longo deste fin de semana senllos escritos aos presidentes de Navatia e da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) nas que mostra a súa oposición a que oito dos bloques para o buque flotel de Pemex se constrúan nun dos estaleiros da Bahía de Cádiz, en Navantia Puerto Real.

Tal e como xa manifestou o pasado venres, Rey Varela volveu a mostrar a súa desconformidade con esta decisión dos responsables da dirección da empresa naval pública e asegurou que agarda agora a que se lle ofreza unha explicación oficial a esta decisión.

Segundo o alcalde popular, “non é razoable esa decisión que tomou de maneira unilateral Navantia, cunha falta de transparencia absoluta e que isto vai na liña sen rumbo de moitas das decisións e que están a limitar as capacidades dos diferentes produtivos”.

O alcalde ferrolán tamén asegurou, durante unha comparecencia publica no Concello, que se puxo en contacto coa Xunta, tras coñecer o pasado venres esta decisión, e que “hai unanimidade de criterios co Concello, tal e como afirmaron tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como o consellerio de Industria, Francisco Conde”.

Rey Varela sinalou que agora agardará a recibir “as contestacións oficiais” ademais de reiterar que lle parece “impresentable esta decisión” e que está disposto a utilizar todos os “medios políticos” que estean ao seu alcance para tratar de reverter esta situación.

SECCIÓN SINDICAL UXT

Por outra banda, os afiliados de UXT en Navantia Ferrol participaron esta mañá nunha asemblea na que se deu conta da dimisión de Suso Pérez como responsable da sección sindical desta agrupación neste estaleiro e a elección dun novo representante.

O tamén responsable de MCA-UXT na comarca de Ferrol, asegurou, tras a asemblea, que a decisión da súa marcha xa estaba decidida hai un tempo, “buscando unha renovación no seu sindicato” pero que se viu acelerada como consecuencia da polémica creada ao redor do preacordo de convenio colectivo, e tras “impedir” que tomase a palabra “durante unha das últimas asembleas” por parte dun importante grupo de operarios, debido aos berros e asubíos.

Sobre o preacordo de convenio colectivo, Suso Pérez aclarou que para UXT Ferrol tivo sentido no momento da súa firma “porque a carga de traballo era cero, pero que todo cambiou en meses coa chegada de novos contratos” e que por tanto “actualmente, nós pensabamos que era mellor refugar ese documento e crear unha novo”. Pérez alertou así mesmo da incerteza do paso a Defensa de Navantia e do plan industrial que presentará, “supomos” a empresa.

CANDIDATO

Nesta asemblea de afiliados comunicouse formalmente esta dimisión e abriuse o proceso para a presentación de candidaturas, que serán abordadas nunha nova asemblea a realizar o vindeiro venres, 3 de outubro.

A executiva xa realizou unha proposta de candidato a ocupar a secretaría xeral desta sección sindical, na persoa de Francisco Javier Pedreira, que é xa delegado de UXT e membro electo do comité de empresa, “aínda que este proceso esta aberto a toda a afiliación”, segundo asegurou Pérez, destacando sobre todo a súa mocidade, “pois ten menos de 35 anos”.

29 de setembro de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.