O rexedor de Carral recibe aos peregrinos de INTO no albergue de Sergude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+
Visita do alcalde aos peregrinos no albergue de Sergude

Visita do alcalde aos peregrinos no albergue de Sergude

Membros do equipo de goberno local acompañaron aos directivos por parte do Camiño. Na tarde de hoxe, o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, xunto ás concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais e do técnico municipal de Cultura, recibiu aos directivos de Tesouros de Galicia e de International National Trusts Organisation, que están a peregrinar polo Camiño Inglés co fin de coñecelo e promocionalo no Reino Unido.

Fernández Mouriño acompañounos na visita ao novo albergue de Sergude e ofreceulles algúns dos produtos gastronómicos típicos de Carral, como o pan e a empanada.

Por parte dos representantes da organización británica amosáronse sorprendidos polo recibimento que se lles estaba a dar polos diferentes lugares polo que transcorre este Camiño de Santiago. A reunión serviu tamén para reforzar o compromiso do Concello de Carral

e das dúas entidades que están a percorrer a ruta xacobea, pola defensa e promoción do patrimonio cultural e natural.

O alcalde entregoulles como recordo da visita unha peza que emprega o Concello para recoñecer a quen contribúe na difusión dos valores de Carral, así como unha serie de publicacións do municipio.

A peregrinación continuou acompañados polas concelleiras Isabel López e Margarita Ramilo ata os límites co municipio de Abegondo.

18 de setembro de 2014 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.