O reverendo Manuel Failde recibirá un homenaxe tras 63 anos de labor relixiosa en Palas de Rei
O víndeiro día 20 de setembro, celébrase en Palas de Rei, o homenaxe popular ao reverendo D. Manuel Failde Cortizo natural de Prado (Lalín) que leva 63 anos afincado na Vila de Palas de Rei donde exerce como cura-párroco de igrexas como a de: San Tirso de Palas de Rei, Villareda, Marzá entre outras.
Ao acto de homenaxe ten previsto asistir o Obispo de Lugo, así como, compañeiros de profesión, un destacado número de feligreses das parroquias nas que exerceu durante todos estes anos a súa vocación: o sacerdocio, así como, tamén, persoalidades de diverso ámbito da vida socio-cultural e relixiosa tanto deste Concello como de outros cos que manten importantes vínculos de amizade. Manuel Failde, consigerado unha persoalidade en Palas de Rei, é un dos vivos testigos de grandes acontecementos que marcaron o debir deste Concello; dende a restauración da igrexia de Palas de Rei cando foi derrunbada unha das súas partes a consecuencia dun raio a mediados do século pasado, pasando por a apertura ao público do Castelo de Pambre(ano 2010), así como, foi testigo e participou en actos inaugurales como o da radio local(ano 2007), biblioteca(ano 2012), Centro de Día (ano 2008), etc. Tamén colaborou activamente nas causas solidarias que tiveron lugar neste municipio, como o xantar solidario polas vítimas do terremoto que debastou unha parte importante de Haítí.
Os actos de homenaxe ábrense ás 12:30h con unha misa, na igrexa parroquial de San Tirso, presidida por o Sr. Obispo de Lugo, Alfonso Carrasco. As 14:30h. terá lugar un xantar, en Palas de Rei, no que os participantes poderán adquirir as entradas na parroquia de San Tirso de Palas de Rei, antes do 17 de setembro.
Este homenaxe está organizado pola Xunta Parroquial de San Tirso de Palas de Rei presidida por Fernando Pensado.











