publicidade hoxe

O PXOM de Neda estará exposto ao público dende o vindeiro luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Despois de que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Neda aprobado inicialmente en pleno se publicase este venres, 5 de setembro, no Diario Oficial de Galicia (DOG), o Concello informa á veciñanza que o documento inicia a súa fase de exposición pública. Así, a partires do luns, 8 de setembro, veciños e veciñas poderán consultar o plan no salón de plenos da casa consistorial (Avenida de Alxeciras, 34, planta baixa) en horario de mañá (entre as 9 e as 14 horas). Así mesmo, e tal e como avanzara o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, no pleno extraordinario no que se aprobou o documento inicialmente o Concello facilitará aos nedenses a presentación de propostas de mellora se o estiman oportuno.

Neste sentido, o arquitecto municipal reservará en exclusiva unhas horas da súa xornada a atender as consultas veciñais en torno ao documento. Será, de luns a venres, entre as 12 e as 14 horas. Ademáis, o Concello solicitou ao equipo redactor do plan que se desplace a Neda, nunhas xornadas a concretar, para prestar tamén a súa axuda e atención á veciñanza. En canto á tramitación do documento, o Concello lembra que, tras a fase de exposición pública, por espazo de dous meses, valoraránse as alegacións presentadas e, a continuación, remitiráse o documento á Xunta, que ten a última palabra sobre a aprobación definitiva das normas urbanísticas.

5 de setembro de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.