O PSOE inclúe a Pilar Cancela e a Leiceaga entre os alcaldables de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O PSOE iniciou este mesmo luns as súas enquisas nas cidades para coñecer as preferencias dos veciños sobre os posibles candidatos ás eleccións municipais do próximo mes de maio.

En Santiago, segundo informaron fontes socialistas, ademais da única que ata o momento anunciou que concorrería ás primarias, a concelleira Mercedes Rosón, e o que se prevía o seu principal opoñente, Paco Reyes, o actual voceiro municipal, figuran outros nomes.

Trátase da ‘número dous’ da dirección do PSdeG, Pilar Cancela, e do profesor universitario e exvoceiro parlamentario dos socialistas galegos Xoaquín Fernández Leiceaga, ambos os dous militantes na agrupación compostelana.

Estes catro nomes serán sometidos á consideración dos cidadáns da capital galega, xunto con outros procedentes de distintas forzas políticas, para avaliar o seu grao de coñecemento e de valoración por parte dos santiagueses.

15 de setembro de 2014 | 21:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.