O PSOE de Ferrol esixe a procura inmediata de carga de traballo para Navantia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O PSOE de Ferrol esixiu ao Goberno central que se poña “ao choio” de maneira “inmediata” na procura de carga de traballo para Navantia e “especialmente” para os estaleiros ferroláns.

En concreto, reclamárono dúas socialistas ferrolás, a secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, e a deputada nas Cortes, Paloma Rodríguez, tras confirmarse que o comisario europeo Joaquín Almunia “anunciaría” para xaneiro de 2015 o levantamento do veto da Unión Europea á construción civil.

Así, manifestaron que Navantia debe converterse “de novo” na “empresa punteira que sempre foi” e situarse “á fronte”, como fonte de “traballo e desenvolvemento” para Ferrol e as súas comarcas.

Desta maneira, Sestayo e Rodríguez apuntaron que a Administración española debe considerar esta tarefa como “asunto de Estado” e non debe desaproveitar as novas oportunidades que se presentan co levantamento do veto da UE á construción civil.

Ao fío diso, lembraron que esta censura se produciu como consecuencia de axudas concedidas polo goberno do expresidente do Goberno, Jose María Aznar, as cales a UE considerou “ilegais”.

“URXENTE CONSTRUCIÓN” DO DIQUE

Por outra banda, as socialistas reclamaron ao Goberno de Mariano Rajoy a “urxente construción” do dique flotante para Ferrol. Así mesmo, sinalaron que aqueles que estiveron “terxiversando a realidade” dicindo que o dique “non se podía construír” por ser considerado construción civil, xa non teñen “ningunha escusa”.

Respecto ao dique, Beatriz Sestayo e Paloma Rodríguez engadiron que “por fin” queda “clarísimo” que, para construílo, “só senecesita a “vontade política” do Goberno.

2 de setembro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.