O programa “Goza do Ulla” permitirá a 35 sendeiristas gozar do paisaxe en Palas de Rei
Unhas 35 persoas participaron, este pasado sábado na ruta de sendeirismo, “O Torrente”, enmarcada dentro do Programa Goza do Ulla, promovido polos 19 Concellos que colaboran para a promoción cultural, paisaxística e medioambiental, así como, o coñecemento dos municipios polos que atravesa o Rio Ulla.
A ruta “O Torrente”, considerada de dificultade alta, constou dun traxecto de 9 kilómetros de percorrido, partindo de Chorexe, para facer o descenso polas Torrentes de Mácara ata onde se unen o rio Ulla co Pambre. A continuación, os participantes seguiron ó caron do río Pambre ata chegar a Ponte Medieval e finalmente, os participantes asistiron a unha visita guiada ó Castelo de Pambre e o muiño hidráulico da zona.