O programa CREATIVE trasládase ao San Mateo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A noite do sábado 20 de setembro, previa ao día de San Mateo, instalarase na parroquia da PARTE, a partir das 23:00h, unha carpa informativa para levar a cabo o programa de prevención de drogodependencias CREATIVE.

Con este programa preténdese informar a poboación en xeral e en especial aos mozos sobre os efectos de diversas drogas, legais e ilegais, as consecuencias do seu consumo e todas aquelascuestións referidas a substancias sobre as que se desexe información.

Nesta carpa existe tamén a posibilidade de que se solicite análise de substancias.

Esta actividade está coordinada polo Equipo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, pertencente á Concellaría de Sanidade, cuxo responsable é Antonino Luaces e será realizada polo persoal de Alborada (ONG de Vigo contratada polaXunta de Galicia – Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias).

Ordenación do tráfico co gallo da Romaría de San Mateo

Con motivo da celebración da tradicional Romaría de San Mateo, o vindeiro domingo, día 21 de setembro, na parroquia da Parte, e para facilitar o tráfico de vehículos na zona, infórmase que o acceso ao campo da festa, a partir das 08:00h do día 21, se fará pola estrada que vai dende Ribasaltas entrando pola capela da parroquia da Parte e seguindo nun só sentido da circulación cara a zona de Camporrío, estrada do Canal de Regadío e Reigada.

Prégase a todos os asistentes que estacionen os seus vehículos nos lugares que a organización habilita respectando aquelas zonas onde non se permita o estacionamento e, en todo caso, eviten obstaculizar a circulación ao posible paso dos servizos de emerxencia.

En diversos puntos da contorna da festa haberá contedores para depositar o lixo xerado durante os xantares e deixar o terreo nas mellores condicións de limpeza. Cómpre, asemade, ter o máximo respecto ás propiedades privadas da veciñanza e, en concreto, ás plantacións existentes nas proximidades.

18 de setembro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.