O premio xornalistico Manuel Reimóndez Portela recae en José Manuel Bertolo e Luis M. Ferro
O día 15 de setembro do ano en curso, reúnense na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, os membros correspondentes ao xurado cualificador encargados de fallar a XIX edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”.
O xurado presidido por Dna. Mercedes Cuiña Puente, estivo composto por D. Juan Manuel Constenla Carbón, D. Juan Andrés Fernández Castro, Dna.Victoria Reimóndez Sanmartín, Dna. María del Carmen Viéites Conde, exercendo de secretario, D. José Manuel Bouzas Blanco.
O xurado cualificador, agradece a participación que superou a vintena de traballos e destaca, como nota salientable, a calidade dos mesmos.
A XIX Edición deste galardón recaeu por maioría sobre unha serie de catro artigos (Casa de Vilancosta. Berres, Casa e capela dos Reimóndez Figueroa en Castrotión, Nas orixes de Rosalía de Castro e Novas aportacións á Torre de Guimarei) da autoría de D. José Manuel Bertolo e Luis M. Ferro publicados nos xornais Capicua e Faro de Vigo.
O xurado valorou dos artigos gañadores “ O labor de investigación así como, o rigor científico das achegas e o léxico asequible”.
O acto de entrega do premio será o vindeiro día 26 de setembro ás 19:00 horas, no marco da XXVIII Feira do Moble de Galicia. O premio está dotado con 1.000 €, talla conmemorativa e diploma acreditativo.
A habitual ofrenda floral, previa ao acto de entrega de galardóns, correrá a cargo da poetisa Rosalía Morlan Viéites.
O mantedor do acto de entrega de galardóns será o catedrático de filosofia do dereito, D. Francisco Puy Muñóz.











