O Porto de Vigo recibe unhas 5.000 persoas co cruceiro Independence of the Seas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Chegada do Independence of the Seas

Chegada do Independence of the Seas

O Porto de Vigo recibiu hoxe a un total de 5.143 persoas nunha nova escala do Independence of the Seas.

Nesta ocasión, traerá a bordo un total de 3.791 pasaxeiros de 44 nacionalidades distintas (3.043 británicos), ademais de 1.352 tripulantes de até 72 nacionalidades. A súa chegada está prevista ás 8.45 horas, procedente de Lisboa (Portugal), e a súa marcha ás 15.00, momento no que porá rumbo a Southampton (Gran Bretaña).

Durante este ano, o Independence of the Seas recalará no Porto de Vigo até en 10 ocasións, deixando na cidade máis de 50.000 persoas, entre pasaxeiros e tripulación. Tras a escala de hoxe, regresará aos peiraos olívico o próximo 30 de setembro e o 15 de outubro despedirase da dársena viguesa até o próximo ano.

O Independence of the Seas é o segundo cruceiro máis grande do mundo, despois do Oasis of the Seas -que visitará en Porto de Vigo o próximo 27 de setembro e o 18 de outubro- xunto cos seus irmáns, o Freedom Of The Seas e o Liberty Of The Seas. Construído en Finlandia e pertencente á compañía Royal Caribbean International, pode acomodar a un total de 4.370 pasaxeiros e unha tripulación de 1360 membros.

Ten 1.817 camarotes dispoñibles (21 deles para mobilidade reducida). Ademais, dispón dunha rúa comercial dentro do propio barco, unha pista de patinaxe sobre xeo, un xigantesco teatro, piscinas tematizadas, rocódromo, mini golf, hamburguesería estilo anos 50, etc… Así mesmo, incorpora unha piscina de surf, unha barbería e outra serie de instalacións que, sen dúbida, non deixan indiferente a ninguén.

O Independence of the Seas é o terceiro barco da flota Freedom. Ao longo dos seus 339 metros de eslora, conta con todo tipo de servizos: restaurantes, teatros, cafés, un centro comercial, centro médico, barbaría… Ademais de todo tipo de atraccións, como simulador de surfing, jacuzzi, ximnasio, pista de patinaxe sobre xeo, muro de escalada ou ring de boxeo…

18 de setembro de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.