O porto de Vigo recibe ao segundo cruceiro máis grande do mundo con máis de 5.000 persoas a bordo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Tres días despois da chegada do cruceiro máis grande do mundo ao Porto de Vigo, o Peirao de Transatlánticos prepárase para recibir hoxe ao buque que ostenta a segunda posición do ranking en canto a capacidade de pasaxe: o Independence of the Seas. Un asiduo dos peiraos olívicos que deixará na nosa cidade a máis de 5.000 persoas nunha única xornada.

Nesta ocasión, trae a bordo un total de 3.838 pasaxeiros de 36 nacionalidades distintas (3.059 británicos), ademais de 1.354 tripulantes. A chegada do buque da naviera Royal Caribbean -a mesma que o Oasis of the Seas- tivo lugar ás 8.30 horas aproximadamente. Procedente de Lisboa (Portugal), está previsto que poña rumbo a Southampton (Gran Bretaña) sobre as 15.00.

Durante este ano, o Independence of the Seas recalará no Porto de Vigo até en dez ocasións, deixando na cidade máis de 50.000 persoas, entre pasaxeiros e tripulación. Tras a escala de hoxe, regresará aos peiraos olívicos o próximo 15 de outubro, momento no que se despedirá da dársena viguesa até o próximo ano.

Características

O Independence of the Seas é o segundo cruceiro máis grande do mundo, despois do Oasis of the Seas -que visitou o Porto de Vigo o pasado sábado día 27 e que regresará a Vigo o próximo 18 de outubro- xunto cos seus irmáns, o Freedom Of The Seas e o Liberty Of The Seas.

Construído en Finlandia e pertencente á compañía Royal Caribbean International, pode acomodar a un total de 4.370 pasaxeiros e unha tripulación de 1360 membros.

Ten 1.817 camarotes dispoñibles (21 deles para mobilidade reducida). Ademais, dispón dunha rúa comercial dentro do propio barco, unha pista de patinaxe sobre xeo, un xigantesco teatro, piscinas tematizadas, rocódromo, mini golf, hamburguesería estilo anos 50, etc… Así mesmo, incorpora unha piscina de surf, unha barbería e outra serie de instalacións que, sen dúbida, non deixan indiferente a ninguén.

O Independence of the Seas é o terceiro barco da flota Freedom. Ao longo dos seus 339 metros de eslora, conta con todo tipo de servizos: restaurantes, teatros, cafés, un centro comercial, centro médico, barbaría… Ademais de todo tipo de atraccións, como simulador de surfing, jacuzzi, ximnasio, pista de patinaxe sobre xeo, muro de escalada ou ring de boxeo…

30 de setembro de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.