O pleno de Teo votará a conta xeral do 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este xoves 25 de setembro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

Durante a sesión votarase a conta xeral do 2013. Trátase dun documento no que se avalían os principais indicadores económicos do Concello. Segundo o informe de intervención o resultado orzamentario no 2013 foi positivo en 147.506 euros. O dato do remanente de tesourería quedou en -1.236.182, un dato que mellora a situación de anos anteriores.

Na sesión tamén se votará a ratificación da resolución da alcaldía pola que se acordou que o Concello se presente como parte interesada nas dilixencias previas do Xulgado de instrucción número 1 de Santiago contra as persoas que votaron a favor da prórroga do contrato de subministro e depuración de augas en abril do 2007. Outros asuntos sobre os que se deberá posicionar a corporación son a reforma electoral do PP, a subida do canon de Sogama ou o canon bibliotecario.

A orde do día ten os seguintes puntos:

Aprobación das actas da sesión do 26.06.2014 e do 31.07.2014..
Dar conta das resolucións da alcaldía (da 534/14 á 658/14).
Dar conta do informe de intervención en relación cos informes de reparo formulados durante o exercicio 2013.
Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación ao persoal eventual (3/2014).
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral do Concello de Teo correspondente ao exercicio 2013.
Ditame da proposta da alcaldía de ratificación da resolución da alcaldía de data 11 de setembro de personación nas dilixencias previas 4.709/2014.
Ditame da proposta da alcaldía de modificación do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Teo.
Ditame da moción do concelleiro Rafael Sisto sobre o canon de Sogama.
Ditame da moción do BNG pola defensa da pluralidade e a participación política e contra a reforma electoral que pretende o PP.
Ditame da moción do grupo municipal do BNG para solicitar o rexistro do Concello no dominio .gal.
Ditame da moción do grupo municipal do BNG contra o canon bibliotecario.
Ditame da moción do grupo municipal do PP sobre o estado de abandono dos lavadoiros, fontes e muíños do Concello de Teo.
Mocións.
Rogos e preguntas.

24 de setembro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.