O Plan RUA actúa no Castrillón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que o Plan RUA actúa, durante esta segunda quincena de setembro, no barrio do Castrillón. Desde o pasado luns, día 15, o Plan RUA está nesta zona da cidade, onde intervirá sobre unha superficie de 57.980 metros cadrados que corresponden a 48 rúas e prazas.

Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sustentables e ordenados coa colaboración dos veciños. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:

– Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
– Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.
– Limpeza da rede de rede de sumidoiros (3.800 metros lineais, 230 pozos e 250 sumidoiros).
– Mantemento de zonas verdes.
– Mantemento de 8 marquesiñas e pintado de 6 pasos de peóns.

Ademais, a actuación aproveitarase para a instalación do punto limpo móbil e para a inspección de vehículos abandonados.

18 de setembro de 2014 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.