O Pazo de Capitanía ábrese ao público con visitas guiadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Rey Varela na visita ao Pazo de Capitanía

Rey Varela na visita ao Pazo de Capitanía

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asistiu hoxe ao acto de presentación das visitas guiadas ao Pazo de Capitanía. O primeiro edil da cidade percorreu esta mañá o emblemático inmoble acompañado do Almirante Xefe do Arsenal, Manuel Garat Caramé; a vicerreitora do campus universitario de Ferrol, Araceli Torres Miño; e representantes de Navantia, entre outras autoridades civís e miñitares.

Jose Manuel Rey Varela sinalou que “hoxe é un gran día para a cidade”, ao tempo que resaltou a importancia da apertura ao público do Pazo de Capitanía “polo seu gran valor histórico e patrimonial e que permite que ensinemos aquio do que nos sentimos orgullosos”. O rexedor municipal manifestou que esta iniciativa mostra o bo entendemento e colaboración entre a Armada e o Concello de Ferrol e que supón “un paso máis para a posta en valor do noso patrimonio. Un entendemento que permitiu poñer en marcha fai tres anos a uta do Naval, que é unha das principais rutas turísticas industriais de Europa”, recalcou.

Así mesmo, o alcalde ferrolán apuntou que o Pazo de Capitanía está ubicado nun contorno privilexiado “ao lado do mellor balcón para abrir Ferrol ao mar” e que o Goberno Municipal aposta por esta zona da cidade. Mostra de elo son as obras de recuperación e remodelación dos Xardíns de San Francisco e os baixos da Costa de Mella nos que se investirán máis de 1,3 millóns de euros.

Inscrición para as visitas guiadas

As visitas guiadas ao Pazo de Capitanía serán gratuítas. Estas darán comezo o vindeiro sábado, día 4 de outubro, e se repetirán todos os primeiros sábados do mes.

As súas estancias e salóns nobres poderán ser percorridos durante unha hora e as persoas interesadas en visitar este emblemático edificio deberán anotarse en ferturguias@yahoo.es ou chamando ao teléfono: 696 531 070.

29 de setembro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.