publicidade hoxe

O pase de “O segredo da Frouxeira” abre o ciclo Cine e Memoria II na Aula de Cultura Ponte de Rosas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O vindeiro mércores 1 de outubro ás 20:30 horas dará inicio o Ciclo “Cine e Memoria II” organizado polo IEM no marco especial do mes onde se lembra o asasinato dos nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista coñecido como A Volta dos Nove.O segredo da Frouxeira(2009) de Xosé Abad será o primeiro pase do ciclo que contará cunha presentación a cargo do mestre José Antonio Viñas Arias, e a asistencia de dous protagonistas do documental, Paulino Gasalla e Julia Porto que chegarán dende O Ferrol. O evento terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar.

O segredo da Frouxeira parte dunha situación particular para presentar o paralelismo entre unha historia familiar concreta coa Historia de boa parte do século XX español. Dous irmáns, Alejandro e Eliseo, separados por cuestións ideolóxicas en dous bandos da Guerra Civil, provocarán unha ruptura familiar que chega ata o presente e que só pode reconstruír o esclarecemento dos feitos que levaron á morte a un deles.

30 de setembro de 2014 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.