O novo centro de dotacións rurais de Torroso acollerá a entrega da premios do certame Interritmos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O vindeiro sábado 27 de setembro ás 19:00 horas, celebrarase no novo centro de dotacións rurais de Torroso (Mos), un festival musical no que intervirán as Pandereteiras A Buxaina de Coruxo (Vigo), Os Treboeiros da Muimenta de Sobrada (Tomiño) e Airiños Novos de Pinzás (Tomiño), e que servirá de colofón ao proxecto de posta en valor da música tradicional Interitmos, ritmos e pobos. O acto está organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño, socios do proxecto Interritmos neste territorio, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Torroso.

No festival estará presente a delegada da Deputación Provincial en Vigo, Marta Iglesias, que fará entrega dos accesits do concurso  cos que a entidade provincial premio á Banda de Gaitas Atlántida de Matamá (Vigo),  ó grupo de gaitas Gandariño de O Porriño e á Treboada Airiños Novos de Pinzás (Tomiño). O agasallo consiste na edición de 500 exemplares dun folleto promocional para cada un dos grupos, editado pola imprenta provincial.

Tamén contaremos coa presenza da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que como directiva do GDR Maiv-Baixo Miño, fará entrega dos dous primeiros premios aos Treboeiros da Muimenta de Tomiño e ás Pandereteiras  A Buxaina de Coruxo, consistentes na gravación dun tema de cada un deles para o CD recopilatorio do proxecto Interritmos. Este CD estase a distribuir actualmente por toda España, chegando a súa difusión aos 14.000 exemplares, que contribuirán a que a nosa música tradicional sexa recoñecida en todo o territorio nacional, axudando ademais a promocionar a valores emerxentes no panorama da música tradicional como as pandereteiras A Buxaina ou os Treboeiros da Muimenta.

25 de setembro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.