O mes de outubro contará con nove accións formativas na aula CeMIT de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante o mes de outubro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará nove accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: iniciación á informática, busca de información na Internet, correo electrónico, ferramentas na nube, Google Docs e Google Folla de cálculo. Os mesmos serven de continuación aos realizados nos últimos meses que foron de ferramentas na nube, compras seguras, cloud computing, Hangouts, Youtube, como crear unha revista ou catálogo de produtos en liña con ISSUU, correo electrónico, DNI electrónico, administración electrónica, documentos on-line e presentacións on-line, opera co teu banco, alfabetización (iniciación, Internet, correo electrónico), redes sociais (Facebook, ferramenta na nube Google App, iniciación, Internet), ofimática (procesador de textos, folla de cálculo), Google + e retoque fotográfico (presentacións gráficas).

Ademais, e en colaboración coa Escola de Familia Municipal, tamén se desenvolverá o proxecto infantil ‘Kero-Informátika’, destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, no que comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual. Este proxecto ten coma finalidade crear un espazo de conciliación familiar apostando pola coeducación, a través do emprego dos materiais que ofrece a sociedade da comunicación e información, marcaranse as pautas para fomentar unha utilización responsable, pedagóxica, lúdica e cultural do mundo dixital.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega. Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Aula CeMIT do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11 ou no correo electrónicos: cemit.verin@xunta.es.

24 de setembro de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.