O Mercado da Verdura volverá ofrecer degustación de produtos ecolóxicos en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

Este sábado de 10 a 14h o cárcere vello en Tui volverá a acoller o Mercado da Verdura coa venda de produtos ecolóxicos directamente dos seus produtores. Este será xa o décimo mercado que se celebra dende que comezou o último sábado do mes de abril.

Os produtos de temporada estarán presentes unha vez máis en venda directa do produtor ao cliente cunha variada oferta que vai dende tomates a pementos, calabacíns, berenxenas, pan, queixos, herbas aromáticas,… Amais este sábado se recuperará tamén a degustación deste produtos nas elaboracións que prepara o restaurante local Mesón Jaqueyvi.

Compre lembrar que a organización desta actividade corresponde ao Concello de Tui xunto a APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, e Foro Tude.

11 de setembro de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.