O Meigas Fóra imponse na primeira proba en augas de Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

O sábado 27, celebrouse en augas de Portosín a primeira proba da XI Regata Ría de Muros – Noia, puntuable para o Ranking Anual do R.C.N.Portosín, coa colaboración da Federación Galega de Vela e o patrocinio de FERRADURA.

O día non ofrecía garantías segundo reflectían os partes meteorolóxicos e tras unha procura incesante por parte do Comité de Regatas dun bo campo de regatas, para a celebración da proba, ás 15:08 se arriaba o sinal de Atención o que significaba que o tempo comezaba a contar e que a liña de saída podíase cruzar en rumbo á seguinte baliza.

Un percorrido acurtado en relación ao previsto, que quedaría nun total de 10 millas náuticas onde o destacable serían as evidentes e grandes diferenzas de presión que provocaría un esforzo extra dos patróns e tripulacións.

Na liña de meta tras un compendio de sorte e habilidade impúxose o MEIGAS FORA de Jose Codesido que se coloca en primeira posición con moitos minutos de vantaxe sobre o SARA de Rafael Blanco e o SIRADELLA de César Álvarez.  Fóra dos postos de cabeza pero sabedores de que todo aínda está por decidir aínda que coa presión de saber que non poden fallar colócanse LA RABUDA UNO de Fernando Gonzalez e o ORAL GROUP de Pedro Pazos. O KANALA de Ignacio Ecenarro, o DRACCO de Pablo Oliver quedaron como DNF (Do Not Finish) por problemas mecánicos.

A próxima cita será o 11 de Outubro con saída ás 13.00 horas pero esta vez convocados para a realización de dúas probas ao vento, que poden axudar a dar un envorco á clasificación ou reafirmar aínda máis as actuais posicións.

29 de setembro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.