O luns comeza a canalización do regato que atravesa o garaxe dun edificio en Rodrigo de Mendoza
As obras de desvío da canalización soterrada do regato que atravesa o garaxe dun edificio da dun edificio en Rodrigo de Mendoza comezan o luns, tal como a empresa adxudicataria dos traballos acordara co Concello para non interferir no paso da Volta Ciclista. A execución da obra contratada pola Consellería de Medio Ambiente realizarase en tres tramos. A primeira zona de actuación será a comprendida entre os dous supermercados das Carolinas, polo que os traballos non afectarán nesta primeira fase ao tráfico rodado nun dos principais accesos á cidade.
Segundo o plan de traballo acordado, a empresa Arias Hermanos dedicará a primeira semana á realizar a nova canalización no traxecto do vial polo que se accede aos supermercados, dende o frontal das naves de Megasa, ata o último paso de peóns antes do enlace coa Avenida das Carolinas. Se non existen complicacións ou imprevistos, as obras neste tramo deberían estar rematadas nunha semana.
Esta fase non tocaría a Avenida das Carolinas para evitar entorpecer ou dificultar o paso da Volta Ciclista a Galicia o domingo 21 de setembro. Os corredores entrarán en Vilagarcía procedentes de Pontevedra e xirarán na rotonda da Luz Salgada para continuar cara Vilanova.
A partir do luns 22 de setembro, os traballos do desvío da canalización continuarían. Os seguintes tramos nos que se divide o proxecto redactado por Augas de Galicia son o que atravesa a rotonda da Luz Salgada para enlazar o vial dos supermercados coa intersección de Rodrigo de Mendoza e a Florida; e o que transcorre pola rúa anexa aos bloques de vivendas da Florida e que inclúe tamén una tramo do Parque da Coca, concretamente a baixada entre esta rúa e o río Con por detrás da pérgola do parque infantil.
Cando as obras e metan la estrada principal, será cando o Concello adopte as medidas correspondentes en canto a ordenación do tráfico, cuestión da que se informará coa antelación suficiente.
O desvío da canalización do regato que atravesa o garaxe dun edificio en Rodrigo de Mendoza é unha actuación moi demanda e que os veciños afectados levan moito tempo esperando, debido a problemática que supón co risco de inundación dos garaxes por debaixo dos cales se canalizou inicialmente o regato. O inicio dos traballos atrasouse uns meses máis do previsto debido ao elevado número de empresas que concorreron ao concurso de licitación dun proxecto que contaba co atractivo para as construtoras do importante presuposto que require.











