O Jofre acolle o espectáculo de danza familiar “Pinochio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza o vindeiro sábado, día 13, o espectáculo de danza familiar “Pinochio” no Teatro Jofre. Esta adaptación da novela orixinal dará comezo ás 19:00 horas e forma parte da programación cultural dirixida aos máis pequenos.

O espectáculo ofrecerá unha innovadora posta en escena grazas á utilización das últimas tecnoloxías de imaxe, que transporta as emocións e personaxes da obra orixinal ao momento actual e á nosa vida cotiá. “Pinochio” une a coreografía e a música como base narrativa coa imaxe e as novas tecnoloxías visuais como escenografía.

Unha historia de fantasía explicada cunha linguaxe escénica actual, nova e sorprendente onde a danza convive coa tecnoloxía creando un universo máxico que mergullará ao espectador dentro desta entrañable historia. As entradas poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

9 de setembro de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.