O ISSGA participa no 5º Encontro Nacional de Prevención de Riscos Laborais de Xixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), organismo dependente da Consellería de Traballo e Benestar, participa desde hoxe no 5º Encontro Nacional de Prevención de Riscos Laborais, que se está a celebrar en Xixón entre hoxe e mañá.

O Instituto ten instalado un posto informativo neste encontro, que se organizou baixo o lema “Novos tempos, novos retos”. De feito, o obxectivo desta iniciativa é analizar o panorama preventivo derivado dos cambios económicos, sociais, tecnolóxicos e organizativos aparecidos nos últimos anos.

O ISSGA aproveitará a súa presenza neste evento para informar sobre distintas campañas formativas, divulgativas e de sensibilización que está a desenvolver, así como sobre as publicación editadas por este organismo sobre diversos temas relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

Coa súa presenza nestes encontros de carácter profesional, o ISSGA pretende contribuír á tarefa colectiva da prevención de riscos laborais e concienciar á poboación traballadora, así como á sociedade en xeral, sobre a importancia desta, coa finalidade de impulsar unha auténtica cultura de prevención.

25 de setembro de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.