O IES do Camiño inicia o programa “Titoría entre iguais”
O IES do Camiño de Palas de Rei traballa, dende fai varios cursos, pola mellora da convivencia a través de diferentes programas e iniciativas tales como: a mediación, deseño do protocolo contra o acoso escolar, actividades interculturais, escola de nais e país, entre outras.
Este curso académico 2014-15, dito Centro educativo da un paso máis alá ao por en funcionamento o Programa de Titoría entre Iguais(TEI), incluído dentro do Proxecto Educativo de Centro, como unha estratexía educativa e medida práctica contra a violencia e o acoso escolar, que implica a toda a comunidade educativa e pretende fomentar que as relación entre iguais sexan máis satisfactorias.
O Programa de intervención é unha adaptación do Programa TEI orixinal, cuxo autor é Andrés González Bellido. O Programa baséase, en que é o propio alumnado o que se encarga de evitar e/ou intervir nos comportamentos acosadores mediante o diálogo. De forma que os alumnos de maior idade, tutelan e velan pola convivencia e integración dos de menor idade. No IES do Camiño, cada alumno de 3º de ESO, de forma voluntaria, convirtese en titor/a dun de 1º ESO, estando atento á súa integración no Centro. Neste curso, tamén, 4º ESO B desenvolverá esta tarefa por ser máis numeroso o grupo de 1º que o de 3º. En total, participan 21 titores con 24 persoas titorizas(de 1º da ESO).
No mes de xuño de 2014, o profesorado do IES do Camiño, xunto co IES de Monterroso, CPI de Friol e CPI de Guntín recibiron a formación da man do seu autor Andrés González Bellido, comenzaba así, esta iniciativa pionera na comunidade autónoma galega en canto a Centros de Ensino de carácter público. Neste caso, o IES do Camiño en Palas de Rei, conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei e co entusiasmo dun grupo de profesores e profesoras que apostan pola prevención, asumindo que no IES do Camiño impere a premisa da:” tolerancia cero co acoso escolar”.
O martes 30 de setembro, os 21 titores, participantes no programa, recibían de mans do Director do IES do Camiño, Andrés Vázquez García, os diplomas e carnés que os acredita na condición de titor dentro do Programa de Titoría entre Iguais, posteriormente, compartiron a primeira das entrevistas coas súas respectivas persoas titorizadas.











