O grupo Eulen organiza unha xornada con Alex Rovira e Guillermo Pérez como mestres de cerimonia no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Grupo Eulen reúnese mañá no Teatro Colón co sector empresarial galego para estudar as principais estruturas organizativas e estratexias para crear valor na empresa. Ao acto acudirán os directivos do grupo e arredor de 100 directores de empresas galegas que analizarán a situación actual do sector empresarial, o seu posicionamento no mercado e os valores de futuro. O obxectivo desta xornada é abrir vías de comunicación e diálogo e crear sinerxías de traballo que axuden a fortalecer e consolidar o sector empresarial en Galicia.

A xornada comezará ás 13:00 horas no Teatro Colón coa conferencia El Mundo que viene, impartida por Alex Rovira, escritor e profesor de ESADE que se fixo moi popular cos seus best sellers de crecemento persoal como La Buena Crisis, La Brújula Interior o La Buena Vida. Experto en psicoloxía do liderazgo, xestión de persoas e pensamento creativo o seu libro La Buena Suerte foi traducido a máis de 40 idiomas e recibiu o premio ao mellor libro en Xapón no ano 2004.

Ao remate da conferencia de Alex Rovira, Guillermo Pérez –director técnico e responsable comercial do grupo Eulen- exporá a conferencia El Outsourcing, como generador de valor en la empresa-. O obxectivo deste relatorio é amosar o outsourcing como unha solución de negocio e unha ferramenta para xerar valor nas empresas a través dun modelo de xestión contrastado e estruturado baseado na customización de clientes, a variabilización, a reenxeñería de procesos e a economía de experiencias. Todo isto co obxectivo de que os clientes optimicen os seus custes e incrementen os seus ingresos e beneficios a través da integración de procesos e persoas.

Unha vez finalizadas as conferencias os participantes na xornada compartirán un xantar no Hotel Hesperia Finisterre, onde degustarán carnes Valles del Esla e os prestixiosos viños do grupo Vega Sicilia, ambos produtos distribuídos polo Grupo Eulen.

29 de setembro de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.