O goberno pontevedrés di que a última sentenza está dentro da débeda xeral que reclama Sogama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González explicou esta mañá que a última sentenza ditada polo xulgado contencioso de Pontevedra sobre o pago do canón a Sogama, recibida onte a última hora da mañá, “garda coherencia coa última do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”.

O concelleiro aclarou que o Concello xa solicitara ao xulgado a suspensión das sentenzas pendentes en base ao recurso de amparo que o Goberno presentou no Tribunal Consistitucional, “pero no caso desta sentenza debeuse iniciar os trámites antes de que chegara a solicitude, e por iso chegou”.

No caso de que prosperase a petición do Goberno Local no Constitucional -se admitise a trámite o amparo e se resolvese ao favor dos intereses municipais- todas as sentenzas decaerían. No caso de que non fose así, manteríase a situación actual que a marca a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que casou unha sentenza deste tribunal con outras anteriores dándolle a razón a Sogama e non ao Concello. Dende ese momento, todas as sentenzas relacionadas co pago do canon virán contrarias ao Concello (tal é o caso da coñecida onte).

O concelleiro de Facenda confirmou que a débeda total que reclama Sogama é duns 3 millóns de euros, dos cales a primeira, de máis de 300.000 euros, xa está abonada a Sogama. Raimundo González aclarou que si o Constitucional lle da a razón ao Concello, Sogama deberá devolver estes cartos ou compensamos.

De todos os xeitos, o portavoz do Goberno indicou que o Partido Popular que deu a coñecer a sentenza escasas horas despois de recibila o Concello, “fai de manporreiro de Sogama, parece que se alegra deste tipo de sentenzas e en vez de estar defendendo os intereses dos cidadáns, súamse aos intereses dunha empres semi pública ou privada.

11 de setembro de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.