O goberno ferrolá aproba a licitación de novo equipamento técnico para o Autorio de Ferrol e o Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xunta de Goberno Local, celebrada esta mañá, aprobou a licitación para dotar de máis material técnico –tanto de son como de iluminación- o Auditorio de Ferrol e o Teatro Jofre. O obxectivo da Concellería de Cultura que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado é completar os dispositivos técnicos destes dous equipamentos culturais e que se poidan celebrar calquera tipo de espectáculo musical co maior nivel de calidade para os espectadores.

O presuposto de licitación aprobado hoxe ascende a 225.000 euros, dos cales 148.000 serán asumidos pola Deputación Provincial da Coruña e os restantes polo Concello de Ferrol.

8 de setembro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.