O goberno de Palas de Rei baixará o recibo da auga e conxela outras taxas e impostos
O Concello de Palas de Rei, baixará un 0,50% o recibo da auga no Casco Urbán de Palas de Rei, a baixada, afectará tamén ó saneamento e taxa de sumidoiros, será aprobada no próximo pleno ordinario do mes de novembro. Tamén, este Concello Ulloano manterá conxeladas as taxas por recollida de basuras e manterá conxelado o Imposto de vehículos de tracción mecánica. Asimesmo, este ano 2014, o Concello Palense, baixou o imposto de bens inmobles (IBI) un 10%, pasando de 0,66% ao 0,60%. Tamén manterá conxelados os impostos de rústica, características especiales e outros. O Concello de Palas de Rei, levará ao próximo pleno unha ordenanza para regular os traballos de extracción da madeira, por parte das empresas adicadas ao sector que operen neste termo municipal.











