publicidade hoxe

O goberno de Oleiros subvenciona ás ANPA locais con 6.498,25 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros subvenciona as asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas de catro centros públicos do municipio con 6.498,25 euros. Esta cantidade será destinada a paliar posibles urxencias de alumnos e alumnas que durante os próximos meses de curso poidan sobrevir de forma inesperada. O obxectivo é cubrir parte do importe do comedor escolar e asegurar este servizo.

As ANPA subvencionadas son a do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, a do Valle-Inclán de Perillo, Luís Seoane en Mera e a do IES Miraflores en Oleiros. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou durante o pleno que tivo lugar o pasado xoves día 23, sesión na que se aprobou esta proposta do grupo de Goberno que estas cantidades son para paliar posibles urxencias que poidan xurdir respecto ás prazas de comedor e que se trata dunha solicitude efectuada polos colectivos de pais e nais de alumnos e alumnas. Estas subvencións non fan máis que completar o resto de medidas contra a exclusión social coas que conta o Concello e que se recollen no regulamento elaborado polos Servizos Sociais do Concello para isto.

29 de setembro de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.