O goberno de Nigrán manterá o sentido único da Rúa Mariñeiro
O goberno municipal manterá o dobre sentido da Rúa Mariñeiro. Así o ditaminou hoxe a comisión especial creada o pasado mes de maio para discutir sobre o sentido de circulación da devandita rúa, unha comisión integrada por todas as partes afectadas –comerciantes e hostaleiros representados a través de OVALMI, a Policía Local, a asociación de veciños de Panxón e a empresa de transporte ATSA-, así como por parte de todos os grupos políticos da corporación.
Na primeira reunión, celebrada o pasado mes de xuño, e tras a exposición do punto de vista de todos os asistentes, acordouse aprazar a votación a un segundo encontro no que se achegasen datos concretos sobre as cuestións expostas no debate, “como estudar a posibilidade de incrementar o número de prazas de aparcadoiro en cálea Arquitecto Palacios cunha disposición dos vehículos en batería”, explica o rexedor municipal.
Tras a exposición do informe elaborado pola Policía Local, no que se recolle a inviabilidade da devandito formulación por cuestións de espazo, os asistentes acordaron manter o sentido único da Rúa Mariñeiro, tras unha votación con cinco votos a favor e catro en contra, na que destacou a ausencia do concelleiro non adscrito, Ignacio Vilas.
O alcalde valora de forma positiva a resolución adoptada hoxe pola comisión especial, “que pon punto e final ao debate político sobre o sentido de circulación da Rúa Mariñeiro, dando ademáis resposta ao sentir dos hostaleiros, comerciantes e veciños da zona”, apunta Valverde.
Neste sentido, o rexedor lembra que a medida adoptada polo goberno municipal de dotar de sentido único á Rúa Mariñeiro mellora de forma considerable a contorna de Panxón, ao dotar a unha zona de gran actividade económica, comercial e de lecer de case un centenar de prazas de aparcadoiro.
Ao mesmo tempo, Valverde avanza que o goberno municipal seguirá traballando para buscar solucións ao problema de aparcadoiro que sofre esta zona, así como para mellorar a seguridade viaria na contorna, “tal e como fixemos até a data”, conclúe.











