O fotomaratón en bicicleta en Ourense suspéndese pola chuvia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O concurso de fotografía-fotomaratón en bicicleta organizado pola Concellería de Transporte no marco da Semana Europea da Mobilidade, previsto para esta tarde, suspéndese pola chuvia.

As actividades conmemorativas continuarán o luns, 22 de setembro, coa Marcha en bicicleta que percorrerá as rúas da cidade para conmemorar a Semana da Mobilidade e fomentar o uso detransportes alternativos, con saída ás 19:30 horas da Praza Maior. Ademais durante ese día, todas as viaxes nos autobuses urbanos serán gratuítas.

A Semana Europea da Mobilidade celébrase tamén con actividades para escolares, como a ginkana, circuíto de educación viaria en bicicleta e obradoiro de reparación de bicicletas, visitas didácticas ao centro de control de Urbanos de Ourense, empresa concesionaria do servizo municipal de autobuses, e unha saída de escolares en bici polo barrio do Couto, o luns, 22 de setembro, ás 10:30 horas.

18 de setembro de 2014 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.