O Festival Galego de Cabaré inicia a súa sección off esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A oitava edición do Festival Galego de Cabaré desenvolverase do mércores 24 ao domingo 28 no Teatro Colón da Coruña. Pero xa durante esta fin de semana haberá actuacións e pasarrúas en distintas zonas da cidade.

Hoxe xoves haberá actuación ás 21.00 horas Bar Monty e ás 22.30 horas no Handicap Café. O venres 19 a sección Off do festival comezará ás 20.00 horas cun pasarrúas que sairá do Obelisco e percorrerá as rúas: Olmos, Galera, Torreiro para acabar no Cine París. Ás 22.00 horas o colectivo FemmeFatale fará unha pequena actuación de vodevil no Bristol Bar e ás 01:00 horas estarán no Bar Nena. O sábado 20 actuarán en El Pato Negro e o domingo estarán na sesión vermouth de O Mentireiro e ás 19.00 horas haberá actuación en A Repichoca.

A sección off do festival terá lugar do mércores 24 ao domingo 28 no Teatro Colón de A Coruña. As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

18 de setembro de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.