O Ecomuseo Forno do Forte recibiu un total de 10.444 turistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación mantén a súa política de apoio ao patrimonio histórico da provincia traballando pola conservación dos seus edificios e facilitando o acceso aos mesmos, especialmente durante o verán, con gran éxito entre os turistas. Neste último mes de agosto destaca a asistencia ao Ecomuseo Forno do Forte, en Malpica, que alcanzou en 31 días os 8.816 visitantes. O Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, chegou aos 6.339.

No mes de xullo visitaron o dolmen 3.174 persoas, polo que alcanza xa no que vai de verán as 9.513 (o ano pasado visitaron o monumento megalítico 8.956 persoas no mesmo período). O Forno do Forte, pola súa banda, suma 10.444 grazas ás 1.628 visitas do mes anterior.

O Castelo de Vimianzo tivo en agosto 5.590 visitas e outras 3.295 en xullo. No mesmo concello se atopan os Batáns de Mosquetín, que alcanzaron 846 turistas e outras 143 dende que se abriu a mediados de xullo.

Pola súa banda, as Torres do Allo, en Zas, tiveron 1.338 visitas en agosto, que sumadas ás 227 dos últimos días de xullo supera as 1565.

A Costa da Morte conságrase grazas ao seu patrimonio coma unha zona de importante interese turístico de tipo histórico e cultural para a provincia ao seguir sumando visitantes cada ano.

5 de setembro de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.