publicidade hoxe

O departamento de Xuventude compostelán programa 20 actividades formativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender os seus intereses e motivacións. A titular do Departamento, María José Corral, acompañada pola técnica municipal Noela Vilas, presentou en rolda de prensa o calendario, que abrangue ata 20 accións no último trimestre do ano. Estas 20 actividades tocarán temáticas tan diversas como a lingua de signos, o mundo laboral, a artesanía, a fotografía ou a cociña, entre outros. As sesións formativas realizaranse no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, na tenda Faino Ti e no taller de cociña Hello Cooking.

A maior parte dos cursos e obradoiros son de balde, pero é precisa a preinscrición. Terán prioridade para participar nas actividades os mozos e mozas, de 14 a 30 anos, empadroados no Concello de Santiago.

As actividades previstas son as seguintes: Curso básico de lingua de signos; Curso de conversa en inglés. Nivel básico; Curso Conversa en inglés. Nivel avanzado; Curso Recoñece o teu talento para o mundo laboral; Curso Integra con éxito as túas competencias na busca de emprego; Curso Aprende a falar en público; Curso de iniciación a pintura da figura humana a través do cadro “Les demoiselles d´avignon”, de Pablo Picasso; Curso iniciación ao retoque dixital. Photoshop 1; Curso de realización dun proxecto fotográfico; Taller de cociña de outono. Setas; Taller de cociña “Nadal entre amigos”; Taller de cociña “Viaxe europea polos doces de nadal”; Taller “Aprender a tecer con calceta”; Taller de Amigurumi; Taller de elaboración de velas; Taller de elaboración de xabóns decorativos; Taller de realización de axendas coa técnica do Scrapbooking; Obradoiro de iniciación á bixutería; Obradoiro de iniciación á bixutería con Swarovski; Obradoiro de iniciación á bixutería con Miyuki

Máis información e inscricións en:

Concellería de Xuventude
CSC e Xuvenil Municipal do Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 Baixo
15701 Santiago de Compostela
Tlfno.: 981 543 002 // Fax 981 543 002
dptoxuventude@santiagodecompostela.org

24 de setembro de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.