O departamento de cultura de Cambre presenta a programación da Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Concellería de Cultura presenta as actividades da Casa da Cultura (Villa Concepción) que comezarán en octubre e que rematarán en decembro.

Entre as actividades destacan os obradoiros infantís de estimulación temperá son actividades que teñen por obxectivo favorecer o desenvolvemento do neno e da nena por medio da estimulación sensorial activa e coa participación dun adulto (pai/nai), asemade favorece a comunicación entre ambos.

Para os escolares están programadas as seguintes actividades: Obradoiro de xogos en inglés, Obradoiro de Iniciación ao cálculo mental para escolares e Obradoiro de teatro. Os adultos en xeral e a mocidade poderán inscribirse en Café en inglés, programa de estimulación mental para adultos , Obradoiro de Pintura e Obradoiro de tecido.

O período de inscrición comprende do 10 ao 24 de setembro de 2014, ambos incluídos. No suposto de contar con máis solicitudes que prazas, o sorteo terá lugar o luns 29 de setembro, ás 12:00 h nas oficinas municipais de Cultura. Ríos destacou que ademais das actividades propuestas a Casa da Cultura conta con varios servicios como a sala de lectura, a biblioteca, hemeroteca, sala de proxección, ludoteca, informática e sala de exposicións.

Por outra banda, o vindeiro 6 de outubro comeza a XXIII edición da Semana Micolóxica, que constará de catro conferencias na Casa da Cultura de Cambre e unha xornada na aula de Cociña de Portomuíños destinada a preparación dunha receita da man dun chef de recoñecido prestixio. O horario das charlas será a partir das 20.00 h. As actividades relacionadas coa micoloxía non rematan aí: o domingo 19 de outubro, coincidindo coa feira, haberá unha exposición. Este é un espacio para reunión de expertos e iniciados na materia, onde os primeiros ofrecen o asesoramento sobre os exemplares que achegan os asistentes. Finalmente, esta previsto que o 8 de novembro , se as condicións climatolóxicas o permiten e hai exemplares suficientes, concluírase este programa cunha saída ao campo, onde os contidos teñen un caracter practico.

3 de setembro de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.