publicidade hoxe

O Concello repón a sinalización viaria no cruce da rúa da Buhída

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda vén de repoñer o espello ubicado no cruce da rúa da Buhída, danado por mor dun acto vandálico. O Concello, tras recibir a petición dunha veciña, atendeu a demanda e, en canto contou co elemento e dispuxo do persoal para facelo, procedeu á súa restitución. En todo caso, dende o Concello, e tomando como base os informes da Policía Local, quérese sinalar que dos doce sinistros rexistrados no termo municipal de Neda no que vai de ano –con parte ás Forzas de Seguridade– ningún se localizou no punto sinalado. Pese a isto, o Concello anuncia a súa intención de sustituír o sinal de ceda o paso por unha de stop, máis restrictiva para que os conductores extremen a atención e precaucións neste punto.

30 de setembro de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.