O Concello de Vilagarcía distribúe 10.000 trípticos para informar sobre o calendario e bonificacións fiscais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os veciños de Vilagarcía comezarán a recibir nas súas casa a partir de hoxe un tríptico editado polo Concello co obxecto de informar sobre o calendario fiscal municipal e as bonificacións das que poden beneficiarse os contribuíntes, así como outro tipo de interese. Coa realización e distribución desta publicación dáse cumprimento a un acordo plenario, que se materializará mediante o reparto de 10.000 trípticos. A información tamén estará dispoñible no taboleiro de anuncios da web municipal, dende onde se poderá imprimir.

No tríptico recóllese de xeito claro e resumido todo tipo de información relacionada co pago das taxas e impostos municipais. Ademais de plasmar nun cadro os impostos e taxas coas correspondentes bonificacións ás que se poden acoller os contribuíntes en función das súas circunstancias, tamén se amosa un gráfico co calendario fiscal cons períodos de pago de cada taxa e imposto.

Aparte, no folleto indícase o xeito de acceder ao texto íntegro das Ordenanzas Fiscais a través da web municipal, así como a que sección acudir para descargar e imprimir os impresos de solicitudes de bonificacións, exencións ou domiciliación bancaria. Por último, para evitar dúbidas, tamén se aclara o significado de siglas (ICIO, IAE,. IPREM, RISGA…).

2 de setembro de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.