O Concello de Vilagarcía constrúe unha nova canalización do regato que atravesa a rúa Ensino
O regato que pasa por debaixo da estrada da Rúa Ensino, en Rubiáns, será canalizado de novo mediante a actuación programada polo Concello e que hoxe mesmo estaba previsto iniciar. A obra responde ao mal estado no que se atopa a canalización actual e que se detectou nunha inspección realizada con cámaras que se introduciron polos tubos.
A concelleira de Obras. Vías e Infraestruturas, Ana Granja, comentou que a empresa adxudicataria dos traballos, Covsa, tiña previsto iniciar hoxe as obras de substitución da tubaxe, unha actuación preventiva que pretende evitar que a canalización rompese agora que se aproxima a temporada de choivas, e que a súa obstrución provocase asologamentos na zona. Os traballos aceleraranse ao máximo para tratar de que estean rematados antes do inicio do curso escolar, aspecto que tamén vai a depender da climatoloxía.











