O Concello de Vilagarcía axudará aos veciños de Castroagudín a localizar cabalos salvaxes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello prestará a súa colaboración para tratar de localizar aos cabalos salvaxes que están provocando estragos nos cultivos da zona de Castroagudín. Para tratar de resolver a problemática que está provocando graves prexuízos aos veciños desta zona da parroquia de Cea, Concello e afectados realizarán esta tarde unha primeira batida polo monte para atopar aos animais.

A decisión de organizar esta batida adoptouse no encontro que esta mañá mantiveron no Concello membros do goberno local e unha ampla representación de veciños afectados. No breve encontro estiveron o alcalde, Tomás Fole; e os concelleiros Manuel Méndez, Jesús Longa e Cholo Dorgambide.

O punto de encontro para iniciar a batida desta tarde será a Escola Unitaria de Castroagudín ás 16:00 horas. Ata alí desprazaranse o concelleiro do Medio Rural, Manuel Méndez, e o responsable do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, Francisco Busto para organizar a inspección do terreo da saia de Xiabre cos veciños que acudan á cita.

A actuación desta tarde ten como obxectivo localizar o emprazamento das manadas de mostrencos. A posteriori, falarase co Seprona para determinar como se xestionará o traslado dos animais para evitar que segan baixando ás zonas de cultivo de Castroagudín polas noites para alimentarse, coas conseguintes perdas para os agricultores da zona tanto polos produtos perdidos como polos estrados que os cabalos provocan ao entrar nas hortas.

18 de setembro de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.