O Concello de Vilagarcía adquire unha trituradora para restos de poda e un corta herba último modelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os servizos municipais de Medio Ambiente e de Parques e Xardíns dispoñen dende hoxe de nova maquinaria para mellorar e facilitar as tarefas de mantemento das zonas verdes do Concello a a xestión dos seus residuos. O alcalde, Tomás Fole, e o concelleiro de medio Ambiente, Jesús Longa, asistiron esta mañá á entrega dun corta herba de última xeración e dunha máquina trituradora de restos de poda adquiridos polo Concello por importe de algo máis de 17.000 euros.

Abono natural e aforro de auga

O corta herba “toro” é unha especia de corta céspede de último modelo que facilita as labores de mantemento de prados xa que tritura tanto a herba que sega que non fai preciso a recollida dos restos. Estes son expulsados pola máquina e espallados dun xeito tan uniforme que crean unha especia de mantillo vexetal natural que actúa a modo de abono natural ao descompoñerse e que axuda a mantela humidade do céspede, contribuíndo a unha mellor conservación do mesmo e ao menor consumo de auga de rega.

Esta máquina utilizarase tanto para cortar a herba dos xardíns e zonas verdes dos parques, como para o mantemento de superficies de prado máis amplas, como as do Parque Enrique Valdés Bermejo, A Coca, ou das praias de Compostela- A Concha. A súa utilización incidirá nun mellor mantemento e conservación destas zonas de prado.

A segunda máquina adquirida é unha trituradora vexetal que se utilizará para xestionar os restos das podas das árbores que se efectúa periodicamente cada ano en todo o termo municipal. Desfacerse da cantidade inxente das ramas resultantes das podas resultaba un problema de almacenamento e tamén de xestión acorde co medio ambiente. Esto queda solucionado con esta trituradora que funcionará en Pinar do Rei e que converterá en pequenas virutiñas. A xestión ideada polo Concello para estes residuos inclúe a reutilización, xa que os veciños poderán recoller estas virutas de balde en Pinar do rei para utilizadas en diversos usos domésticos como para as súas hortas, xardíns, ou mesmo para os galiñeiros.

A adquisición da maquinaria cofinanciouse cunha subvención concedida pola Xunta de Galicia e fondos municipais. A axuda ascendeu a 14.000 euros e o Concello puxo os algo máis de 3.000 restantes. A compra fíxose á empresa local, Baygar.

24 de setembro de 2014 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.