O Concello de Verín finaliza a remodelación da cuberta e o salón de actos da Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Verín finalizou as actuacións de conservación e mantemento da cuberta e do interior do salón de actos da Casa da Cultura do municipio, co obxecto de subsanar principalmente as deficiencias de filtracións de auga no inmoble.

Entre as melloras realizadas na Casa da Cultura de Verín, situada na rúa Irmáns Lasalle, atópanse as seguintes: reparación da cuberta do edificio municipal -a través da mellora e substitución de elementos deteriorados na mesma, como as tellas e os caneiros de recollida de auga-, restauración do pavimento de madeira do salón de actos da Casa da Cultura -acoitelado, lixado e vernizado-, picar o morteiro de rematado das paredes interiores deixando un zócolo de entre 40 e 50 centímetros, coa pedra vista, para solventar os problemas de humidade de capilaridade existentes, pintado de paredes do propio salón, vestíbulo de acceso e baños, así como a limpeza das cadeiras de brazos do salón de actos, entre outras actuacións. Por outra banda, tamén se efectuaron melloras nos exteriores da Casa da Cultura, onde se substituiu o pavimento de baldosas por outro de pedra, ademais de rehabilitar os bancos de madeira existentes na zona.

Devanditas actuacións foron financiadas íntegramente polo Concello de Verín e realizadas tras a adecuación da nova Oficina de Información Turística e Sala de Exposicións da localidade no edificio anexo da Casa da Xuventude.

Con todo, non se tratan as únicas melloras impulsada polo Concello de Verín nas últimas semanas no ámbito de remodelación de cubertas. Ademais da reparación do tellado da capela de San Lázaro, na actualidade se está a substituír a antiga cuberta do centro social de Cabreiroá por unha nova.

26 de setembro de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.