O Concello de Verín e a asociación Ruta das Augas organizan unha andaina ao Santuario dos Milagres
Con motivo da celebración da novena en honra á Nosa Señora dos Milagres (Baños de Molgas), a Asociación Ruta das Augas e o Concello de Verín promoven para o vindeiro 06 de setembro, a partir das 21.30 horas e con saída na Casa do Escudo, a oitava andaina popular para os/as veciños/as de Verín.
Devandita actividade, que conta coa colaboración de Protección Civil Verín, Sendeiristas de Monterrei e Multisport, permitirá a numerosos/as verineses percorrer os 46 quilómetros que separan a vila do Támega do santuario mariano. Nesta ocasión o percorrido, de dificultade media, realizarase por Laza, Alberguería e Vilar de Barrio.
Os interesados/as en participar deben inscribirse en Multisport Verín ou no teléfono 600-410018. A volta será en autobús, polo que as prazas para formar parte desta iniciativa son limitadas.











