O Concello de Ourense reforza a sinalización do contorno de 25 centros educativos da cidade
Dentro da “Campaña de Colexios curso 2014-2015”, o Concello de Ourense reforzou e mellorou a sinalización do contorno de tódolos centros educativos da cidade que o precisaban. Así, durante o mes de agosto leváronse a cabo o repintado de pasos de peóns, a revisión da sinalización vertical e a reposición de novas sinais nas proximidades dos centros para mellorar a seguridade dos estudiantes.
As actuacións da Concellería de Tráfico redundarán no reforzo da sinalización e visibilidade de 25 centros educativos da cidade:
– Padre Feijóo
– Luis Acuña
– Irmáns Villar
– Curros Enríquez
– Xesús Pousa
– Salesianos
– Manuel Sueiro
– Carmelitas
– O Couto
– Concepción Arenal
– Santo Ángel
– Mende
– Divina Pastora
– Amadeo Barroso
– Vistafermosa
– Mestre Vide
– Cisneros
– Seixalbo
– Divino Maestro
– Luis Vives
– Anexa
– Covadonga
– Farixa
– Otero Pedraio
– Xulio Prieto Nespereira
Outros centros (Josefinas, San Pío X, Inmaculada, Casardomato e Carballeira) foron revisados, sen realizar ningunha actuación ao manter unha sinalización vertical e horizontal nun estado óptimo.











