O Concello de Ourense acondiciona unha nova zona con xogose aparellos biosaudables na rúa da Murga
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, visitaron esta mañá as obras, xa rematadas, de acondicionamento dunha nova zona de xogos para nenos e nenas e de aparellos biosaudables para maiores, acondicionada polo Concello na rúa da Murga, cun investimento de 60.000 euros.
As obras permitiron poñer a disposición dos veciños e veciñas nas mellores condicións de uso un espazo anteriormente degradado ubicado entre dous bloques de edificios, entre a rúa Marcelo Macías e a rúa da Murga.
A actuación marcouse como obxectivo ser un pequeno elemento dinamizador desta pequena peza da cidade, á disposición de persoas de tódalas idades, dende nenos a persoas maiores, promovendo así o encontro interxeracional.
A actuación consistiu na execución dunha pequena zona infantil, sobre chan de caucho, na que se ubicaron unha torre de xogos e un columpio adaptado.
A continuación, acondicionouse un areeiero continuo con dúas zonas de xogos: por unha banda, unha torre, un carrusel e un columpio dobre e, a continuación, unha zona de xogos biosaudables para persoas maiores, integrada por un xogo de pedais, un de Tai chi e unha bicicleta dual.
Estas dúas zonas estrutúranse a través dunha zona de paseo, na que se executou un pavimento multicolor con distancias de 10 m cada unha, o que permitirá pasear e medir as distancias á personas de maior idade.
As obras foron executadas por PlayGround SL, empresa especializada en zonas de xogos e supuxeron un investimento de 60.365 euros por parte do Concello.











